Areal familiar que continúa a senda que se inicia na praia do Muíño, nos seus arredores atópanse antigas fábricas e serradoiros, que foron testemuñas da importancia destas actividades económicas no desenvolvemento da vila da Guarda. Así mesmo é ideal para dar un paseo aproveitando a senda de madeira situada ao carón da praia.
ACCESO:
Ir en dirección á parroquia de Camposancos, pola estrada PO-352 e despois coller un desvío á dereita onde xa está indicado nun sinal cara Camposancos e noutro con praias. A pouco máis dun quilómetro cóllese o desvío, á esquerda, sinalado como Praia A Lamiña e Praia A Armona.
ACCESIBILIDADES:
En coche ou a pé.