Playa a Lamiña - A GUARDA

Seguindo o privilexiado entorno natural que forma a desembocadura do Río Miño atópase a praia da Lamiña que forma xunto coa do Muíño e A Armona a  liña de costa. É o lugar ideal para o desenvolvemento de actividades deportivas, por exemplo conta cunha pista de voleibol praia. No seu areal impártense cursos de relax (tai-chi e ioga) durante os meses de verán. A Lamiña ao igual que a praia do Muíño atópase rodeada por un piñeiral que ofrece descanso e sombra, ademais de merendeiros.

ACCESO:
Dirección á parroquia de Camposancos, pola estrada PO-352 e despois hai que coller o desvío á dereita onde xa está indicado nun sinal cara Camposancos e noutro con praias. A pouco máis dun quilómetro cóllese o desvío á esquerda sinalado como Praia A Lamiña e Praia A Armona.

ACCESIBILIDADES:
En coche ou a pé.
 

Características de Praias

  • Bandera azul Non