Playa el Muíño - A GUARDA

A praia O Muíño está considerada como unha das mellores praias da comarca polas súas características. Situada xusto na desembocadura do río Miño, as vistas cara o río e Portugal fan gozar aos visitantes. O Muíño, de gran extensión, disponse en forma de cuncha nun entorno natural. A area é de cor branca e gran fino.

A praia está enmarcada por un piñeiral que ofrece lugar de descanso e sombra para os días calorosos de verán. Nos arredores do coñecido areal atópanse varios establecementos hoteleiros e restaurantes, ademais conta cun aparcadoiro e servizo de autobuses para os que queiran empregar o transporte público. Durante o ano organízanse diferentes actividades relacionadas co medio ambiente e tamén lúdicas como o concurso de castelos de area.

:
Esta situada en dirección á parroquia de Camposancos, pola estrada PO-352 e despois hai que coller o desvío á dereita onde xa está indicado nun sinal cara Camposancos e noutro con praias. A pouco máis dun quilómetro e despois de cruzalo casco urbano de Camposancos está sinalada a baixada á praia O Muíño.

ACCESIBILIDADES:
Coche, peonil ou transporte urbano (autobús).
 


Fonte: aguarda.es

Características de Praias

  • Tipo de area Fina
  • Dimensións 2.000 m
  • Ducha Si
  • Fácil aparcamento Si
  • Bandera azul Si
  • Servicio de autobús Si
  • Aseos Si
  • Papeleiras Si
  • Servizo de limpeza Si