Bandera azul 2016
A Guarda constitúe o último porto atlántico de Galicia e un interesante balcón que mira sobre Portugal. Goza dun clima moi benigno, especialmente nos meses de verán, con escaseza de chuvias e temperaturas medias que se sitúan en torno aos 28º o que facilita a afluencia de visitantes aos seus diferentes areais. Un destes o é de Os Muiños, de grande extensión, con auga de baixa salinidade e diferentes temperaturas: oceánica en preamar e morna mediterránea en baixamar. Disponse en forma de cuncha nun ámbito rústico. Con base de area de cor branca e gran fino. Praia aberta, ventosa e con ondada tranquila. Está vixiada e conta como porto deportivo máis próximo o de Baiona. O Hospital máis próximo é a Residencia Sanitaria Xeral-Cies situada na cidade de Vigo.
Fuente: turismo.gal